"Maré" (guion de Manuel Barreiro e debuxos de Elías Taño, Desfiladero Ediciones, 2026, Premio Castelao de Banda Deseñada). Precioso, 15 pequenas historias co mar como tema común, desde os naufraxios até o Prestixe pasando por charlas de bar ou enterros. O debuxo é unha marabilla que mistura a tradición e a modernidade cunha expresividade sorprendente.
#comic #bandadesenhada #librosengalego