Dilma Cruz, labrega e parteira de #Honduras que participa no noso programa #MulleresBravas, remata a súa xira por granxas de labregas da Secretaría de Mulleres do @slg_labregxs con Belén Fervenza, en Horta do Cadaval #Redondela, despois de pasar por #Allariz e #Vedra 👩🏽🌾
🌱 Días de paseos e conversas para coñecer a realidade de cada unha, con aprendizaxes sobre plantas medicinais, saúde e coidados das mulleres.
Grazas Dilma, Pura, Uxía e Belén polos saberes compartidos! 💟
#MullerRural
Edited 9d ago